Mostrando entradas con la etiqueta aprendizaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aprendizaxe. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de octubre de 2015

Knowmads, millenials e traballo do presente ou futuro?



"Si mujeres y hombres tienen suficiente talento como para inventar nuevas máquinas que destruyen puestos de trabajo, también tienen capacidad para hacer que las personas que hayan perdido su empleo vuelvan a trabajar"
John F. Kennedy


As Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs)

A aparición e a integración das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) produciu unha transformación na nosa sociedade.
O impacto social que causaron é comparable ao que tivo lugar na Revolución  Agrícola ou a Revolución Industrial, aínda que non de igual xeito en tódolos países. Neste novo contexto o uso, a elaboración, a reorganización e difusión da información convírtese nun elemento determinante nas relacións sociais, culturais  e profesionais.

A Rede configurase coma un espazo social, interactivo, onde podemos buscar contidos e ao mesmo tempo crealos, onde interaccionamos e nos relacionamos definindo esa nova realidade social interconectada e intercomunicada.

Internet e a Web 2.0 revolucionaron o contexto conformandoo coma un espazo líquido (Bauman) en constante transformación e os mecanismos de producción e as formas de comunicación entre as persoas.
As TICs poden ser un medio facilitador pero como medio non son neutrais pois esixen un “plus” de aprendizaxe (Touriñán,2008).

Moravec establece unha clasificación conceptual para entender as transformacións sociais que van dende a Revolución Industrial ou o que denomina Sociedade 1.0 á Sociedade do futuro próximo ou Sociedade 3.0.
A sociedade 1.0 caracterízase polas normas e prácticas da sociedade preindustrial ata a sociedade industrial. A sociedade 2.0 fai referencia ás transformacións que teñen lugar na sociedade actual, froito do cambio tecnolóxico. Conclúe coa sociedade 3.0, a do futuro inmediato, con enormes transformacións,produto do cambio tecnolóxico acelerado.
A adaptación ao novo entorno require a adquisición de novas competencias, as competencias dixitais.  

E qué traballadoras e traballadores require? Os knowmads

Qué son os Knowmads?      

Segundo Moravec, o termo describe a unha persoa innovadora, imaxinativa, creativa, capaz de traballar con calquera persoa, en calquera lugar e en todo momento. Valoradas polo seu coñecemento persoal (ventaxa competitiva respecto a outros traballadores) teñen capacidade para volver a configurar e contextualizar o seu espazo de traballo en calquera momento e tamén capacidade xeradora de novas oportunidades.

Os knowmads son considerados polas organizacións, traballadores con coñecementos e destrezas claves para o éxito destas actúando  como un eixo vertebrador dentro das mesmas.

Fte:Ojulearning

Qué é un pasaporte Knowmad?
O pasaporte knowmad configúrano 19 habilidades, entre as que destacan..

Fte: Cobo, C. e Moravec, J. Aprendizaxe invisible

Falamos de Knowmads e de novas competencias, pero tamén debemos falar de cambios culturais e sociais no tocante aos hábitos de traballo das diferentes xeracións ao longo dos últimos 50 anos. 
Falamos da "cultura millenial"...





E vós cal pensades que será o traballo do futuro?...



Para rematar, agradecer ás miñas compañeiras de DoceOrientación a súa invitación. Foi un pracer poder desenvolver esta colaboración aportando estas reflexións sobre cambios, hábitos e novas compentencias sociais e profesionais. 

Por último retomo a cuestión.. é traballo do presente ou do futuro?

Para saber máis...


viernes, 18 de septiembre de 2015

REFLEXION SOBRE O ENTORNO PERSOAL DE APRENDIZAXE ou PLE

   O Entorno Persoal de Aprendizaxe  ou PLE (personal Learning Environment) é un termo xurdido a raíz do desenvolvemento das novas tecnoloxías, para referirse ós mecanismo, ferramentas e estratexias que permiten acceder a información de diferentes fontes, filtrala, conectala, compartila e organizala, entre outras funcions.

   Cando unha persoa aprende a través dun PLE é ela mesma a que fixa as súas metas, obxetivos e incluso escolle os mestres. O PLE vai a ser un método dinámico, onde a persoa pode ir incorporando novas ferramentas a medida que estas van xurdindo ou as vai coñecendo.

   No meu caso, son unha novata no uso de moitas das ferramentas das que no curso se está falando e estounas incorporando ó meu PLE. Dalgunhas outras si tiña escoitado falar, ainda que non sabia exactamente a utilidade, ou ben non lla atopaba, e outras das ferramentas si as utilizo a diario, e a través delas vou realizando un proceso de aprendizaxe informal (na maioria dos casos) que me serve para aplicar a moitas áreas da vida, non só a laboral.

  Os buscadores, o correo electrónico, blogues de diferente índole, suscripcions a newsletters, canle youtube, son ferramentas que xa forman parte dos PLEs da maioria desde fai tempo, polo menos do meu. Co desenvolvemento de diferentes App para teléfonos móviles estamos conetados sempre que queremos (e teñamos “datos”) e podemos acceder a todo tipo de información. Para min é moi importante aprender tamén a filtrar aquela que é relevante da que non ó é, posto que como se dixo na sesión do venres estamos “Infoxicados”, a intoxicación por exceso de información, ocorreme que me sinto a veces como a persoa do anuncio de rastreator antes de que éste apareza, sobresaturada de ver tanta información.



   Nunca me parara a reflexionar sobre o meu PLE, e facendo o exercicio de debuxarnos e conformalo, deime conta que utilizo moitas ferramentas, e que moitas delas teñen diferentes usos para min, desde organizar información, compartila, traballala, etc. Asocioas tanto co laboral como co ocio, as relacions sociais, etc. Creo que reflexionar sobre o meu PLE tamén me serve para darme conta das ferramentas que uso, cales me van a ser mais útiles, como pasar da infoxicación ó balance, e en conclusión poder optimizar o meu proceso de aprendizaxe a través dentro do enfoque do PLE.

    Unha das ferramentas que estou aprendendo a utilizar para poder engadir o meu PLE é Feedly, que sirve básicamente para recopilar diferentes fontes que se lle indiquen, a través dun lector RSS. Feddly advirteche das novas publicacións naqueles sitios onde un se suscribe, e faino dun golpe de vista, polo que é útil sempre é cando as webs e blogs que se visiten habitualmente dispoñan da tecnoloxia RSS.


     Seguirei probando a ferramenta para valorar, polo momento non me acaba de convencer, sobre todo polo feito de que moitas páxinas que reviso habitualmente non teñen suscrición RSS, pero haberá que seguir experimentando, e será cuestión de collerlle o truquillo.