viernes, 17 de julio de 2015

Nube de intereses de Vanesa Fernandez



Estás son as miñas principais áreas de interese:


A principal motivación da miña nube de intereses é o traballar por conseguir satisfacer as necesidades das persoas que acuden ó servizo de orientación. Axudar e acompañar a estas persoas para que poidan establecer obxetivos realistas e axustar as súas expetativas en funcion das súas capacidades, intereses, e das suas circunstancias particulares e axudalos a lograr ditos obxetivos.


Para min é fundamental o traballar a motivación e tratar de promover actitudes positivas e correctas, así como escoitar ó demandante que temos enfrente e tratar de empatizar coa sua situación particular, para crear un clima de confianza e tratar de implicar no seu itinerario outros axentes importantes da súa rede social, como pode ser a súa familia, amigos, ou outros servizos comunitarios.

Para lograr todo isto é importante que como orientadora laboral teña capacidade de análise das diferentes situación e problemas, esté dotada de ferramentas para poder facer unha boa avaliación da situación e esté ben informada para poder ofrecer solucións efectivas ás demandas que se presenten e poida transmitir con efectividade dita información. Ademais outra das cualidades que considero fundamental é a flexibilidade e adaptabilidade ás diferentes persoas e situacións.

Accede o meu perfil en twitter:


No hay comentarios:

Publicar un comentario