viernes, 24 de julio de 2015

REFLEXIÓN SOBRE O MARCO CONCEPTUAL

Reflexión sobre o marco conceptual


     Nesta entrada gustaríame reflexar as miñas impresións sobre o marco conceptual do curso de Posgrao en Orientación Laboral.
       O módulo 1 ou o do marco conceptual está organizado en cinco temas con contidos teóricos acompañado por relatorios de diferentes especialistas de cada área de traballo.

     Ademais con carácter transversal traballanse competencias dixitais que van a servir de ferramentas para o noso traballo como orientadores laborais.

   O primeiro dos temas que se nos ensinou é o que trata sobre o marco de referencia da orientación laboral. E un tema moi teórico pero de necesario e de obligatorio coñecemento. Nel veñen a desglosarse as estructuras do Sistema Nacional de Emprego, que está integrado polo Servizo Publico de Emprego Estatal (SEPE) e polos Servizos Públicos de Emprego das comunidades autónomas. En Galicia en concreto polo Servizo Público de Emprego de Galicia.

   Neste tema tamen puidemos coñecer as políticas e medidas activas de emprego, como as reduccións nas cotizacións, as medidas para favorecer a contratación estable e as medidas aplicables os beneficiarios de prestacions por desemprego aprobadas pola lei de reforma do mercado laboral.
   
  Como docente deste tema contamos con Teresa Bernal que afondou na tematica poñendonos en situación coas estadisticas da Encuesta de poboacion activa (EPA) e que afondou nas medidas para fomentar a contratación como os diferentes tipos de contratos e as reduccions nas cotizacions da que se poden beneficiar os empresarios. Asi como destacou a Estratexia de Garantia Xuvenil, da que se pode obter mais información pinchando aquí.

    O segundo dos temas, que se foi explicado no relatorio de Fernando Agulló, tratou sobre o mercado de traballo. Comezou explicando que calquer tipo de mercado se estructura sempre pola converxencia entre a oferta e demanda. Dita converxencia vai a marcar o equilibrio do mercado.
Resultoume de especial interese neste relatorio os indicadores do mercado de traballo e os tipos de desemprego (friccional, cíclico e estructural).  

Ademais estudiamos a situación do mercado de traballo actual e introduceunos o tema da iniciativa emprendedora.

     
    No tema tres falouse dos certificados de profesionalidade e a formación profesional. É un tema amplio e que como orientadores todolos conceptos que se tocaron son de gran utilidade e aplicación para as demandas que recibimos a diario. Puidemos disfrutar de dous relatorios moi claros, o de Elena Gonzalez e o de Ana Ferreiroa.  Ambalas duas quixeron destacar e deixar moi clara a diferencia entre cualificación ( conxunto de competencias profesionais) e competencia (conxunto de coñecementos e capacidades que permitan o exercicio da actividade profesional).

Para mais información sobre este tema podemos consultar catálogo nacional das cualificacions profesionais ou tamén o apartado de formación e cualificacións da web do portal traballo da Xunta de Galicia.

De especial interese sobre o recoñecemento da experiencia profesional é o seguinte vídeo:


   O tema 4, chamado política social e de emprego na Unión Europea resultoume moi interesante, non só a nivel profesional senon tamen a nivel persoal e sobre todo tendo en conta que dende fai uns anos aumentou a mobilidade de traballadores dentro da Union Europea e a curiosidade por viaxar e coñecer sitios novos. A docente desta área temática foi Cristina Couto, que desenvolve o seu traballo na área de información e xestión do punto Europe Direct da Deputación da Coruña. Cristina Couto mostrounos o feixe de recursos que podemos atopar en rede para ter información sobre o traballo en diferentes países de Europa, entre os que destaca a Rede Eures.  

Ademais falounos sobre a nova ferramenta “drop`pin” da que se queredes coñecer mais podedes pinchar en aquí.

Cabe resaltar tamén a recente creación do pasaporte europeo en hostelería. Podedes visualizar mais información sobre el en: 





O quinto dos temas tratados foi o relativo o emprendemento. Nesta parte todolos alumnos tivemos que traballar para aplicar o modelo CANVAS que nos foi explicado previamente por Fernando Agulló  para o desenvolvemento de ideas empresariais e do plan de empresa. O modelo CANVAS é unha metodoloxia sinxela que permite ver nun so folio todo un modelo de negocio.

 Existen multitude de webs para consultar información sobre emprendemento, tales como a web de Coruña Emprende, ou emprendedores.es.



1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar