jueves, 8 de octubre de 2015

Knowmads, millenials e traballo do presente ou futuro?



"Si mujeres y hombres tienen suficiente talento como para inventar nuevas máquinas que destruyen puestos de trabajo, también tienen capacidad para hacer que las personas que hayan perdido su empleo vuelvan a trabajar"
John F. Kennedy


As Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs)

A aparición e a integración das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) produciu unha transformación na nosa sociedade.
O impacto social que causaron é comparable ao que tivo lugar na Revolución  Agrícola ou a Revolución Industrial, aínda que non de igual xeito en tódolos países. Neste novo contexto o uso, a elaboración, a reorganización e difusión da información convírtese nun elemento determinante nas relacións sociais, culturais  e profesionais.

A Rede configurase coma un espazo social, interactivo, onde podemos buscar contidos e ao mesmo tempo crealos, onde interaccionamos e nos relacionamos definindo esa nova realidade social interconectada e intercomunicada.

Internet e a Web 2.0 revolucionaron o contexto conformandoo coma un espazo líquido (Bauman) en constante transformación e os mecanismos de producción e as formas de comunicación entre as persoas.
As TICs poden ser un medio facilitador pero como medio non son neutrais pois esixen un “plus” de aprendizaxe (Touriñán,2008).

Moravec establece unha clasificación conceptual para entender as transformacións sociais que van dende a Revolución Industrial ou o que denomina Sociedade 1.0 á Sociedade do futuro próximo ou Sociedade 3.0.
A sociedade 1.0 caracterízase polas normas e prácticas da sociedade preindustrial ata a sociedade industrial. A sociedade 2.0 fai referencia ás transformacións que teñen lugar na sociedade actual, froito do cambio tecnolóxico. Conclúe coa sociedade 3.0, a do futuro inmediato, con enormes transformacións,produto do cambio tecnolóxico acelerado.
A adaptación ao novo entorno require a adquisición de novas competencias, as competencias dixitais.  

E qué traballadoras e traballadores require? Os knowmads

Qué son os Knowmads?      

Segundo Moravec, o termo describe a unha persoa innovadora, imaxinativa, creativa, capaz de traballar con calquera persoa, en calquera lugar e en todo momento. Valoradas polo seu coñecemento persoal (ventaxa competitiva respecto a outros traballadores) teñen capacidade para volver a configurar e contextualizar o seu espazo de traballo en calquera momento e tamén capacidade xeradora de novas oportunidades.

Os knowmads son considerados polas organizacións, traballadores con coñecementos e destrezas claves para o éxito destas actúando  como un eixo vertebrador dentro das mesmas.

Fte:Ojulearning

Qué é un pasaporte Knowmad?
O pasaporte knowmad configúrano 19 habilidades, entre as que destacan..

Fte: Cobo, C. e Moravec, J. Aprendizaxe invisible

Falamos de Knowmads e de novas competencias, pero tamén debemos falar de cambios culturais e sociais no tocante aos hábitos de traballo das diferentes xeracións ao longo dos últimos 50 anos. 
Falamos da "cultura millenial"...





E vós cal pensades que será o traballo do futuro?...



Para rematar, agradecer ás miñas compañeiras de DoceOrientación a súa invitación. Foi un pracer poder desenvolver esta colaboración aportando estas reflexións sobre cambios, hábitos e novas compentencias sociais e profesionais. 

Por último retomo a cuestión.. é traballo do presente ou do futuro?

Para saber máis...


1 comentario:

  1. gracias Eva por publicar no noso blog! non coñecía o termo de knowmad. Moi didactica a entrada.

    ResponderEliminar