Mostrando entradas con la etiqueta traballo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta traballo. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de octubre de 2015



POSGRAO DE ESPECIALIZACIÓN EN ORIENTACIÓN LABORAL

Rosario Paz Rey     

REFLEXIÓN SOBRE O MÓDULO 3:

O  MARCO INSTRUMENTAL DA ORIENTACIÓN LABORAL


https://artritisreumatoid.files.wordpress.com/2013/05/1.png

Neste bloque de recta final do posgrao estivemos vendo, moi detalladamente grazas aos docentes,o desempeño do traballo como Orientadores/as Laborales :

A Intermediación laboral, os Itinerarios Profesionáis de Inserción, o asesoramento nos procesos individuáis de orientación, a axuda na toma de decisións cos nosos usuarios/as, a análise dos perfís profesionáis, a prospección de emprego, as Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e ademáis, o autoemprego e a elaboración do Plan de Empresa.

A división do Módulo 3 sería a seguinte:
Tema 11: O traballo do orientad@r I . Intermediación laboral


Os modelos a seguir na intermediación laboral, deben funcionar como guías flexibles e complementarias que se adaptan ás necesidades do momento, tanto dos técnic@s coma dos usuari@s e dos obxectivos comúns do proceso da orientación.

A Orientación Laboral no noso país carece dun marco académico determinado e os profesionáis que realizamos esta labor vimos de diferentes ámbitos formativos: Relacións Laboráis, Educadores/as, Psicólogos/as….

https://aragoninclusion.files.wordpress.com/2012/03/esquema-cruz-blanca.jpg
Coa publicación do Plan Nacional de Acción para o Emprego, consolidouse a atención individualizada como a máis adecuada para desenvolver a Orientación Profesional.
A Orientación Laboral debe basearse nos principios de Individualización, Flexibilidade e Desenvolvemento ou Busca da autonomía.


Orientamos e informamos aos nosos/as usuarios/as sobre os recursos para que poidan mellorar a súa empregabilidade. É necesario coñecer a situación de partida de cada persoa para orientar a intervención das necesidades reáis. Dentro dos colectivos máis vulnerables temos especial atención as actuacións para mellorar a empleabilidade das persoas con discapacidade
http://imfe.malaga.eu/opencms/export/sites/imfe/.content/galerias/galeriaformacion/Imagen-TE-900.png


Tema 12: O traballo do Orientad@r laboral II

Un itinerario de inserción é un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico que ten como obxectivos a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional d@s usuari@s participantes.

Mencionar a importancia das fases nas que dividimos os itinerarios: a de diagnóstico personalizado, a de desenvolvemento das actividades individuáis e grupáis durante a orientación e a de supervisión e avaliación durante todo o IPI

No desenvolvemento dos IPI,s tratamos de potenciar a empregabilidade e a autonomía a través dun diagnóstico personalizado, unha intervención orientadora na que coexisten actividades individuáis e actividades grupáis e en contínua supervisión.

  


 http://caritasespanola.es/memoriaempleo/images/graficas/grafico_01.png

 Tema 13: O traballo do Orientad@r laboral III  Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións

Neste tema vimos todo o referente ás entrevistas de traballo, as entrevistas por Competencias e moi interesante a información sobre cómo se desenvolve a orientación laboral en Europa.   

Na metodoloxía a utilizar temos a Entrevista como técnica básica de atención e intervención individual, un sistema facilitador de inserción que ordena e relaciona as principáis materias ou contidos que configuran a tarefa das/os orientadores laborales, unha estratexia de intervención coas persoas demandantes de emprego a través do Servizo Público de Emprego e baseada nos itinerarios personalizados de inserción para lograr mellorar as súas competencias laboráis.

Nas entrevistas de orientación laboral aplicaremos as técnicas axeitadas así como no asesoramento para a realización de entrevistas de selección de persoal.
As persoas demandantes de emprego necesitan adquirir os coñecementos e a información necesaria para superar con éxito as entrevistas de traballo.

  
.http://es.aoki.pt/wp-content/uploads/sites/76/2015/03/tips-para-entrevista-de-trabajo-infografia.png

 
Como orientadores laborales, estamos afeit@s a realizar as entrevistas nas orientacións, nas cales indagamos, ao marxe das cuestións académicas e/ou laboráisr, tamén valoramos as capacidades e aptitudes d@s usuari@s e iso nos permite deteminar o seu nivel de empregabilidade.

Tema 14: O traballo do orientador/a laboral IV. Análise de perfís profesionais e prospección de emprego

Moi interesante na nosa labor, o tratado tamén neste tema: a Análise dos postos de traballo coas competencias relacionadas con cada profesión, os perfís profesionáis e a prospección de empresas.

 http://emprego.xunta.es/cmspro/export/sites/default/imagenes/logotipoEG.gif

 
Facer unha lista de recursos de información co propio usuari@ e ver in situ qué recurso está a utilizar e cales lle falta por poñer en práctica. Completando nós, como orientadores, con aqueles recursos fundamentáis para completar a busca de información.
     
 http://blogs.lavozdegalicia.es/socorrismo/files/2013/12/IGC_Imagen1.jpg 

 No Catálogo de Novas Profesións destacamos por exemplo: Agricultor/a urbán, Experto/a en analítica web, Animador/a deportivo para a 3ª idade, Blogger profesional, Cociñeiro/a domicilio, Community Manger, Conversor libros en Apps, Coolhunter, Coidador/a enfermos alzheimer,Deseñador/a Web e Dinamizador/a de Actividades Extraescolares entre outros

    Tema 15: O traballo do orientador laboral V. Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego

 Repasamos as distintas Técnicas de Busca de Emprego e que explicamos tanto nas orientacións coma nos talleres que levamos a cabo: C.V, cartas presentación, entrevistas de selección, psicotécnicos, dinámicas grupáis, o networking

Na labor de prospeccións de empresas, realizaremos accións de información e asesoramento así coma a detección das necesidades das empresas e as súas posibles solucións, sensibilizando aos empresarios/as sobre os colectivos obxecto de inserción laboral e das súas opcións como posibles traballadores da empresa.
 
No autoemprego ó marxe do tema, asistimos a un relatorio no que participaron do IGAPE, AJE, Cooperativismo a través de AGACA e a experiencia dunha alumna que realizou o posgrao de orientación laboral e que creou, xunto con duas persoas máis, unha SLL



 http://mas.farodevigo.es/canales/graficos/archivos/940/grafico.jpg

Tema 16: O traballo do orientador laboral VI: Elaboración do Plan de Empresa

Xa finalizando o curso, este tema completou a explicación da confección e interpretación dun Plan de Empresa. 
No noso grupo, Doceorientación, realizamos un plan da empresa "Ágora Solucións", unha consultora de formación, cun balance máis que positivo o finalizar o ano, e superando o punto morto tamén nese período.

Actualmente e cada vez en maior medida, os orientadores/as laboráis, estamos incorporando entre as nosas funcións, o asesoramento a persoas emprendedoras, por iso necesitamos adquirir as competencias necesarias para realizar este acompañamento e asesoramento na creación de emprego, colaborando con outros técnic@s coma os TLE ou ADL

Na preparación destos temas tan enfocados a Orientación Laboral se complementou con dous traballos grupáis:
O Plan de Empresa con Fernando Agulló Leal e un Taller de Orientación con Maite Deus Trasobares.

Respecto as TICS,coa explicación de Carlos Parada Gandos, dinamizamos a través da ferramenta dixital : Pinterest, enfocado a Web 2.0, Networking, Marca Persoal, RR.SS para o Emprego e o Autoemprego


 :



http://comunidad.iebschool.com/iebs/files/2013/04/que-es-un-community-manager-y-cuales-son-sus-tareas.png


Para saber máis:





Vídeo sobre consejos para superar una Entrevista de Trabajo





Vídeo sobre Orientación Laboral





https://s-media-cache-ak0.pinimg.com/736x/87/48/cb/8748cbab5bf972bd3bbde85ed7aca585.jpg











jueves, 8 de octubre de 2015

Knowmads, millenials e traballo do presente ou futuro?



"Si mujeres y hombres tienen suficiente talento como para inventar nuevas máquinas que destruyen puestos de trabajo, también tienen capacidad para hacer que las personas que hayan perdido su empleo vuelvan a trabajar"
John F. Kennedy


As Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs)

A aparición e a integración das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) produciu unha transformación na nosa sociedade.
O impacto social que causaron é comparable ao que tivo lugar na Revolución  Agrícola ou a Revolución Industrial, aínda que non de igual xeito en tódolos países. Neste novo contexto o uso, a elaboración, a reorganización e difusión da información convírtese nun elemento determinante nas relacións sociais, culturais  e profesionais.

A Rede configurase coma un espazo social, interactivo, onde podemos buscar contidos e ao mesmo tempo crealos, onde interaccionamos e nos relacionamos definindo esa nova realidade social interconectada e intercomunicada.

Internet e a Web 2.0 revolucionaron o contexto conformandoo coma un espazo líquido (Bauman) en constante transformación e os mecanismos de producción e as formas de comunicación entre as persoas.
As TICs poden ser un medio facilitador pero como medio non son neutrais pois esixen un “plus” de aprendizaxe (Touriñán,2008).

Moravec establece unha clasificación conceptual para entender as transformacións sociais que van dende a Revolución Industrial ou o que denomina Sociedade 1.0 á Sociedade do futuro próximo ou Sociedade 3.0.
A sociedade 1.0 caracterízase polas normas e prácticas da sociedade preindustrial ata a sociedade industrial. A sociedade 2.0 fai referencia ás transformacións que teñen lugar na sociedade actual, froito do cambio tecnolóxico. Conclúe coa sociedade 3.0, a do futuro inmediato, con enormes transformacións,produto do cambio tecnolóxico acelerado.
A adaptación ao novo entorno require a adquisición de novas competencias, as competencias dixitais.  

E qué traballadoras e traballadores require? Os knowmads

Qué son os Knowmads?      

Segundo Moravec, o termo describe a unha persoa innovadora, imaxinativa, creativa, capaz de traballar con calquera persoa, en calquera lugar e en todo momento. Valoradas polo seu coñecemento persoal (ventaxa competitiva respecto a outros traballadores) teñen capacidade para volver a configurar e contextualizar o seu espazo de traballo en calquera momento e tamén capacidade xeradora de novas oportunidades.

Os knowmads son considerados polas organizacións, traballadores con coñecementos e destrezas claves para o éxito destas actúando  como un eixo vertebrador dentro das mesmas.

Fte:Ojulearning

Qué é un pasaporte Knowmad?
O pasaporte knowmad configúrano 19 habilidades, entre as que destacan..

Fte: Cobo, C. e Moravec, J. Aprendizaxe invisible

Falamos de Knowmads e de novas competencias, pero tamén debemos falar de cambios culturais e sociais no tocante aos hábitos de traballo das diferentes xeracións ao longo dos últimos 50 anos. 
Falamos da "cultura millenial"...





E vós cal pensades que será o traballo do futuro?...



Para rematar, agradecer ás miñas compañeiras de DoceOrientación a súa invitación. Foi un pracer poder desenvolver esta colaboración aportando estas reflexións sobre cambios, hábitos e novas compentencias sociais e profesionais. 

Por último retomo a cuestión.. é traballo do presente ou do futuro?

Para saber máis...